Leopardo

O leopardo ou pantera (Panthera pardus) é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros, familia dos félidos e subfamilia dos panterinos. Coma os outros tres grandes panterinos do xénero Panthera (o león, o tigre e o xaguar), presenta unha modificación no óso hioide que lle permite ruxir. O leopardo é denominado comunmente pantera ou pantera negra cando a súa pelaxe presenta unha cor completamente escura por mor do melanismo. Este fenómeno tamén se da entre os xaguares americanos, coa diferenza de que nos leopardos débese a un alelo recesivo e nos xaguares a un alelo dominante.


Developed by StudentB